Sorteamos unha viaxe a Porto

Como todos os anos realizamos un sorteo polo mes de agosto coma unha das maneiras de financiamento do Festival Armadiña Rock. Este ano sorteamos unha “Noite de paixón” no Hotel Holiday Inn Porto Gaia (4*).

Colabora con nós, compra un boleto e moita sorte!

Bases do sorteo

1.- O presente sorteo está organizado pola ACDeM Armadiña, asociación sen ánimo de lucro válidamente constituída, e con CIF G-94.037.223.

2.-  O presente sorteo ten por finalidade a recadación de fondos para contribuir a sufragar os gastos do normal desempeño das actividades da asociación.

3.-  Pode participar no sorteo calquera persoa física que adquira un boleto/rifa  de participación, pagando o correspondente prezo de un euro (1,00 €).

4.-  Poñerase á venda novecentos noventa e nove (999) boletos/rifas. Cada boleto/rifa servirá como xustificante da venta do mesmo e como comprobante á hora de reclamar o premio.

5.- Cada boleto/rifa contén un número de tres cifras, que é o que o/a poseedor/a xoga.

6.-  O premio do sorteo consiste nunha noite romántica para dúas persoas no Hotel Holiday Inn Porto Gaia (4*) co programa “Noites de paixón”, que inclúe os seguintes servizos:
Unha noite de aloxamento en habitación con vista ao río.
Cóctel de benvida.
Almorzo buffet (show cooking).
Tratamento Vip de benvida na habitación (auga, fruta laminada, decoración romántica, albornoz e zapatillas).
Un acceso ao circuito de hidroterapia (piscina dinámica, sauna, jacuzzi e baño turco, sala relax e ritual de té).
Vale de 15 € a descontar en calquera tratamento do Spa.
Vale desconto de 5€ a descontar nunha cena romántica á luz das velas no restaurante do hotel.
Aparcamiento privado (baixo dispoñibilidade).

O premio poderá ser disfrutado ata o mes de outubro do ano 2015. Calquera gasto supletorio aos servizos anteriormente descritos correrán a cargo da persoa agraciada.

En ningún caso o premio poderá ser cambiado polo seu valor en metálico.

7.-  Resultará premiado o boleto/rifa cuxo número coincida coas tres últimas cifras do primeiro premio da Lotería Nacional do 29 de agosto de 2015.

8.-  O/A poseedor/a do boleto/rifa premiado disporá dun prazo de 15 días naturais para reclamar o premio a través do enderezo electrónico da asociación: ola@armadinha.gal. O transcurso do prazo sinalado sen recibirse comunicación ningunha supoñerá que o premio quede  deserto, quedando en poder da ACDeM Armadiña.

9.- O premio será entregado no local social que a asociación dispón na parroquia de Combarro (Poio). Os gastos de desprazamento derivados da entrega do premio correrán a cargo do/a agraciado/a. En ningún caso se realizará o envío do premio por medio de paquete postal nin a través de empresas de mensaxería ou similiares.

10.- O/A agraciado/a do premio terá que presentar, para recoller o premio, o orixinal do boleto/rifa, non sendo válidas as fotocopias, boletos/rifas tachados, rotos ou enmendados.

11.- O nome da persoa agraciada do sorteo así como canta información relativa á entrega do premio será publicado previa autorización do interesado/a, e con carácter publicitario, na páxina web www.festival.armadinha.gal e nas redes sociais de Facebook e Twitter.

12.- As presentes bases estarán expostas na páxina web do Festival Armadiña Rock:  www.festival.armadinha.gal . A participación no sorteo supoñerá a aceptación destas.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close