Armadiña Kids

Os nenos do Armadiña durante a presentación. Foto Yolanda Ruíz

Durante as Festas do Mar a ACDeM Armadiña en colaboración coa Concellaría de Cultura propón diversas actividades complementarias ao propio festival-Armadiña Rock 2015. Nesta edición realizaremos unha proposta especifica para o público máis cativo, a sección infantil do festival, ARMADIÑA KIDS.
En definitiva, un conxunto de actividades todas elas que empregan a música como fío condutor para achegar a filosofía do festival a @s nen@s participantes:
Espazos que potencian a música, a cultura galega e compromiso medioambiental.
Propostas interxeracionais que pretenden transmitir cultura a través da música.
De feito, todas as persoas, sobre todo @s nen@s,  temos unha habilidade para aprender en espazos informais todo aquilo relacionado coa cultura, en concreto, coa música (ritmos, sons, melodías,..), executar un instrumento, cantar o levar facilmente o ritmo.
No Armadiña KIDS  non faltarán actividades para potenciar ditas aprendizaxes n@s máis cativ@s, obradoiros de diverso tipo que terán sempre a música como principal referente; e, dende logo,  tentaremos converter @s participantes en futuras estrelas do rock, experimentando cunha variedade de propostas socioculturais.

ESPAZO  Armadiña KIDS

(1) Obradoiro de Instrumentos de Refugallo: Entre os recursos pedagóxicos da Educación Medioambiental, atópase a manipulación directa de material de refugallo para a súa reciclaxe. No proceso de creación de diversos instrumentos musicais recuperaremos directa ou indirectamente algúns compoñentes dos residuos (chapas, latas, paus,…) para dotalos dun novo uso, una nova vida.
(2) “Escola de Rock”- Dinámica Grupal de Percusión Corporal: Divertida e particular proposta, de percusión corporal infantil, recurso musical de iniciación e fonte de motivación para @s cativ@s mediante o uso do corpo como instrumento musical, ademais doutros obxectos. Na aprendizaxe da percusión corporal, conseguimos ademais de aprender RITMOS BÁSICOS, traballar a percepción e a memoria para o desenvolvemento da intelixencia.
ESPAZO CULTURA POIO

(4) Mural de creatividade colectiva (con washi tape) “Pegada Cultural”: Espazo destinado a elaboración dunha actividade artística conxunta empregando a cinta (washi tape) como elemento creativo.
(5) Pintacaras do Rock: Actividade que permite aos/as participantes divertirse e expresar a súa creatividade empregando os mitos das estrelas do rock como inspiración.
ESCENARIO ARMADIÑA ROCK

(6) Obradoiro de Experimentación musical: Actividade que pretende achegar aos cativos/as aos equipos de son, a música gravada, experimentando a través do xogo.
(7) Xabarin DJs: Loxicamente, despois de experimentar (pratos, cascos,…)  toca converterse nun/nunha pequen@ pinchadiscos do Armadiña Kids, polo que lembrando as clásicas cancións do programa musical máis famoso da nosa historia “XABARIN CLUB”.

Cara rematar deixaremos unha actividade sorpresa para os críos que estamos seguros do seu agrado. Ademais o grupo de batucada Os Queimatasas ensinarán aos máis pequenos os seus ritmos a base de percusión.
Finalmente, nesta iniciativa pretendese ensinar ferramentas que axudan a@s cativ@s a mellorar e ampliar as súas aptitudes artísticas, exercitar a creatividade e motivar o resto das aprendizaxes.

 

HORARIO

Espazo Armadiña Kids

Espazo Cultura Poio

Aula Armadiña Rock

17:00

18:00

OBRADOIRO INSTRUMENTO 1

PINTACARAS DO ROCK

OBRADOIRO EXPERIMENTACIÓN MUSICAL

18:00

19:00

OBRADOIRO INSTRUMENTO 2

MURAL COLECTIVO

XABARIN DJ

19:00-20:00

BATUCADA COLECTIVA TOD@S

ACTIVIDADE SORPRESA

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close