Presentación do Armadiña Rock

foto2

Membros da organización tras a presentación. Foto de Xabicas. http://www.xabicas.com/

Gran espectación na presentación do Festival Armadiña Rock na praza da Rualeira de Combarro, a cal se vestiu de cores vintage e empapouse da música de Cora Sayers.

A ACDeM Armadiña mostrou a veciñanza a seu proxecto 2015 no que destaca o Festival Armadiña Rock, que nesta sétima edición contará coa presenza de Os diplomáticos de Monte Alto, A Familia Caamagno, Recambios Tucho e O Leo i arremecághona e que se celebrará na noite do 21 de agosto na praza da Chousa de Combarro. A asoc

Nunha praza ateigada, os veciños puideron desfrutar dunha decoración con mobelería vintage cedida por Lledó Vintage e duns pinchos de balde ofrecido por A Tenda da Gata.

O acto comezou coa presentación á nosa xente do himno do Armadiña que foi creado por Os Diplomáticos de Monte Alto para a ocasión. Nas intervencións dos mozas e mozos do Armadiña mostraron as moitas novidades para esta edición e na que nos marcamos coma obxectivo echer a praza da Chousa o próximo venres 21.

O Asociación Armadiña manterá a aposta da pasada edición polas “tres erres” (reducir, reciclar e reutilizar). Entre as medidas destacan a utilización do ecovaso, un decálogo de boas prácticas nas festas e un convenio coa entidade Ecovidrio para fomentar a reciclaxe de vidro na vila.

Tamén tivo un oco o vídeo publicitario co cal cada ano intentamos sorprender e que foi dirixido desta vez por Chuco Briones e Manuel Pastoriza.

O venres 21 de agosto a actividade da Armadiña non só se centrará no propio festival, esta ano realizaranse actividades durante todo o día co que Combarro vivirá un día onde a cultura chegará a cada un dos seus recunchos. Pola mañá comezará cunha sesión vermú do grupo Cold & Colt na carpa mariñeira, continuará ás cinco da tarde na Escola do Campo co Festival Armadiña kids evento que achegará a música aos cativos a partir de varios obradoiros
, a partir das sete haberá actuacións de teatro de rúa por parte do grupo Medievándalos dentro do ciclo Poio Escena e xa a noite, os nosos veciños poderán gozar dunha nova edición do Armadiña Rock.

Ademais a actividade do Armadiña desenvolverá durante esta semana dous proxectos dentro das Festas do Mar:
–  o Armadiña Sesións Vermú, patrocinado por Nordesía, coas actuacións de grupos de música tradicional galega e de blues, todos eles ás 13:30. Habelas Hainas actuarán o mercores, o venres Gold & Cold, sábado Pandeiromus e pecharán o domingo The Lakazans.
– O Armadiña Imaxe, exposición fotográfica sobre o mundo das embarcacións tradicionais ao que facemos chamar “Tradición: xente e mar”. Todas as fotografías foron realizadas polo noso compañeiro Manuel Barreiro Lubián.

Para rematar queriamos agradecer a presenza da deputada provincial Eva Vilaverde e membros do equipo de goberno municipal de Poio.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close