Sés, Nao e Tractor Troy no Armadiña Rock 2016.

A Asociación Armadiña confirma a presencia no Festival Armadiña Rock 2016 de Sés, Nao e Tractor Troy. Estas novas bandas únense ás xa anunciadas de Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans.

María Xosé Silvar, Sés, presentará en Combarro o seu terceiro disco “Tronzar os valos” onde a cantautora de A Coruña suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina. Sés, que estará acompañada de toda a súa banda, era unha das artistas máis solicitada pola nosa veciñanza, asi que, mostrámonos encantados de anunciar a súa contratación para o esta edición.

Nao é un das bandas de rock-metal máis consolidadas da Galiza, os de A Estrada tamén estrea neste 2016 un dobre álbum “Soñar”- “Crear”. No 2014 levaron o Premio Martín Codax na categoría de Metal.

Os Tractor Troy farán tremer a Chousa co seu potente rock, os de Pontevedra mostrarannos “Perromadril” o seu primeiro álbum.

Lembramos que o Festival Armadiña celebrarase os próximos 26 e 27 na praza da Chousa de Combarro.

 

2

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close