Presentación do VIII Armadiña Rock

No día de onte na praza da Rualeira de Combarro presentouse a oitava edición do Festival Armadiña Rock. Ao acto acudiron o Alcalde de Poio, Luciano Sobral; o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal; Víctor Martiñan como Product Manager 1906 e SON estrella Galicia os cales acompañaron un coordinador do festival, Alfonso Villanueva; e o presidente da ACDeM Armadiña, Xosé Rial.

A principal novidade desta edición é o paso de un a tres días, celebrándose os 26, 27 e 28 de agosto. Durante os cales a Asociación Armadiña organizará 14 actuacións musicais, 3 actividades teatrais-circenses, 1 exposición de fotografía, 1 coloquio sobre a situación da música galega, 1 presentación dun proxecto documental sobre os refuxiados, 1 mostra dos mellores curtametraxes da pasada edición do curtas armadiña, 1 concurso de balcóns e un festival para os mais cativos.

Durante a presentación destacouse a aposta do festival pola música do país e na nosa lingua, sendo case todas as bandas do festival galegas. Actuarán nesta edición: Siniestro Total, Banda Basotti, Ses, Terbutalina, Nao, Banda Crebinsky, The Lákazans, Agoraphobia, Tractor Troy, Noite Fechada, Poetarras, Cora Sayers, Fanfarria Taquikardia e Pulpiño Viascón.

O Festival Armadiña Rock encádrase, outro ano máis, dentro da Festa do Mar de Poio organizada pola Concellería de Turismo de Poio e na que temos a fortuna de compartir espazo tamén co Encontro de Embarcacións Tradicionais organizado pola Asociación A Reiboa. Ademais incluirase unha representación do Poio Escena e o Armadiña Kids grazas a unha colaboración coa Concellaría de Cultura de Poio. E voltase a colaborar coa Concellaría de Medioambiente de Poio para levar a cabo unha serie de iniciativas verdes.

Agradecemos o apoio ás administracións: Concello de Poio, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. Tamén mostramos gratitude aos principais patrocinadores privados: Estrella Galicia, Nordesía e Ecovidrio. Aos colaboradores: Correduría de Seguros Grupo S4, Mirabous, Espazo Dixital, Soutelana, Tintanegra, Marlovento, Peirao, A Tres Nudos e a 160 pequenas empresas máis. Entre todas elas fan posible este proxecto cultural.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close