Def con dos nova confirmación

Unha das bandas con maior traxectoria no panorama español estará presente no Armadiña Rock Estrella Galicia 2017, trátase de DEF CON DOS. A banda liderada, César Strawberry, traerá polo mar da nosa Ría as ondas contundentes do seu rap-metal e as súas letras cheas de ironía e cunha forte compoñente de compromiso social.

Esta non é a única banda que o Armadiña Rock Estrella Galicia dou a coñecer esta semana, tamén estarán: os pontevedreses The Soul Breakers, os composteláns DeLombaos, os bueuenses The Skarnivals e o incombustible Leo i arremecaghona – libertador de Coristanco – que regresa por terceira vez ao festival.

Con estas confirmación a Armadiña manterá a súas liñas que o definen dende os seus comezos, o cartaz estará composto das mellores bandas galegas e estas serán acompañadas por grupos de referencia a nivel estatal e europeo. Lembramos que durante todo este ano a Armadiña xa tiña confirmado a: Heredeiros da Crus, Talco, Dakidarría, Ruxe Ruxe, Bala, Blues de País, Katai e Brinkadelia Troupe

Esta IX edición do Armadiña Rock Estrella Galicia celebrarase do 25 ao 27 de agosto na praza da Chousa de Combarro. O festival estrea este ano patrocinador o cal lle da apelido, Estrella Galicia. Ademais conta coa colaboración das administracións: Concello de Poio, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia.

Nos próximos días a asociación Armadiña seguirá adiantando o contido da intensa programación cultural que se desenvolverá en Combarro na última fin de semana de agosto.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close