ARMADIÑA ROCK 2017: PREPARADOS?

O festival de música celebrarase os días 25, 26 e 27 de agosto en Combarro e ofrecerá programación musical, teatral e infantil. Encabezarán o cartel Heredeiros da Crus, Talco e Def con dos.

O ARMADIÑA ROCK ESTRELLA GALICIA, organizado pola asociación local Armadiña, celebra a súa novena edición, na que se pretende que o festival continúe a medrar e a afirmarse coma referente no panorama musical. Á edición do pasado ano asistiron 18 000 persoas, o que o está a converter nun dos festivais galegos de referencia.

Nesta edición, ao escenario subirán algúns dos mellores grupos do panorama galego: HEREDEIROS DA CRUS, DAKIDARRIA, RUXE RUXE, BALA, BRINKADELIA, BLUES DO PAIS, CARLA GREEN & THE DEMONS, SKARNIVALS, O LEO I ARREMECAGHONA, SOUL BREAKERS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e DELOMBAOS, lista á que se suman as bandas nacionais e internacionais TALCO, DEF CON DOS e KITAI.

A programación que ofrecerá o ARMADIÑA ROCK non incluirá unicamente actividades musicais. O público participante tamén poderá asistir a conferencias, gozar de teatro de rúa e de embarcacións tradicionais ou achegarse ao ARMADIÑA KIDS, un espazo que ofrecerá actividades destinadas ao público familiar.

O festival é de balde e disporá dunha zona de acampada que contará con todos os servizos necesarios e que estará ubicada a carón do mar a 1,5 km de Combarro, centro neurálxico do festival e unha das vilas con máis encanto de Galicia.

Para a organización dun festival que medra cada ano en rotundidade e en celebridade, este ano contarase co patrocinio de Estrella Galicia, Concello de Poio, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, e mais co apoio de máis de cento corenta comercios locais. A menos dun mes da celebración do evento, as previsións indican que se superarán as 15 000 persoas en dous días e que na zona de cámping se instalarán unhas 3000 persoas.

 

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close