PRIMEIRA XORNADA DO ARMADIÑA ROCK

A IX edición do ARMADIÑA ROCK ESTRELLA GALICIA comezou coa actuación teatral de Fedellas e a visualización das curtametraxes premiadas no II CURTAS ARMADIÑA celebrado o pasado novembro e organizado tamén pola ACDeM Armadiña.

Na actuación teatral de FEDELLAS, a fedella Brillantina, coa colaboración dos asistentes, contou unha historia que tiña como protagonistas a música e a amizade. Á esta actuación, que deu arranque a esta edición do festival musical e que tivo lugar nunha das plazas máis emblemáticas de Combarro, a praza de San Roque, asistiron arredor dunhas sesenta persoas.

A fedella brillanta dou comezo a programación do IX ARMADIÑA ROCK ESTRELLA GALICIA

A partir das nove e media, na praza da Rualeira, lugar da vila con vistas privilexiadas, proxectáronse as curtas gañadoras da II edición do CURTAS ARMADIÑA: Al llau del pozo (gañador da sección memoria histórica), La Noche de Todos los Santos (premio Áncora de Prata) e Lurna (premio Áncora de ouro). No evento, ao que asistiron arredor de oitenta persoas, tamén se proxectaron os vídeos promocionais do ARMADIÑA ROCK, realizados polo colectivo organizador.

Con estas dúas actividades deu comezo un dos festivais musicais máis recoñecidos do panorama musical galego, que concentrará a súa actividade ao longo do venres 25 e sábado 26. Alén de concertos de bandas coma HEREDEIROS DA CRUS, DEF CON DOS ou TALCO, a programación ofrecerá, entre outros, pasarrúas, actividades infantís e teatrais.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close