Primeiras confirmacións

A ACDeM Armadiña dou a coñecer esta semana, dúas das bandas que formarán parte do cartaz do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia este ano o 23, 24 e 25 de agosto en Combarro.

Unha das bandas referente do rock do País, e que por segunda vez estará no Festival Armadiña Rock, será NAO. Esta será a última xira da banda da Estrada, xa que foi anunciada a súa retirada dos escenarios. Darémoslle unha acalorada despedida, brincando con eles na Chousa a última fin de semana de agosto, ben a merecen!

Bastards On Parade será outra das bandas que revolucionarán Combarro este ano. A banda de A Coruña, son un referente galego do punk-rock con raíces celtas. O seu particular estilo, leva xa máis de dez anos percorrendo escenarios e festivais por toda Europa.

Esta XI edición do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia contará, coma nestes últimos anos coa acampada nas inmediacións da Reiboa, que coma o festival, son totalmente de balde. Está organizado pola ACDeM Armadiña e apoiado polo Concello de Poio e pola Deputación de Pontevedra.

A organización anunciará o resto das bandas nos próximos días.

Combarro, a 21 de xuño de 2019

Enviar comentario * Enderezo de e-mail non publicado. Os campos obrigatorios estan marcados con *

0 Comentarios

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close