A Tribo Radio: Especial Armadiña Rock

Praza da Chousa

A Tribo Radio é un programa de radio en galego, deseñado especificamente para internet cunha emisión cada 15 días.  Xurdiu do confinamento primaveral e xa conta con 7 episodios publicados. Podes escoitar A Tribo Radio a través da súa web a tribo.gal e tamén nos principais aplicacións de podcast.

A Tribo Radio chega o Armadiña Rock para debullar a historia do Armadiña Rock. Contará con artistas convidados e os cales xa pasaron polo noso festival, ademais tamén a veciñanza de Combarro será protagonista. Algúns deles contaran a súa ligazón co Festival.

O Armadiña está feito coas mans de moitas e moitos voluntarios mais non somos os únicos, tamén contaremos coa presenza doutros colectivos que organizan festivais como o noso e que contarán como fixeron fronte a crise provocada polo covid-19

Xosé Bocixa é o presentador e condutor e tamén se engargará da realización. Verónica Álvarez está na coordinación e vai a cargo de Tingalaranga. Mentres que o deseño da páxina web é de Laura Romero.

 

 

 

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close