speaker-info

BALA

Bala son Anxela (guitarra e voz) e Violeta (batería e voz), un dúo de difícil clasificación e que naceu cun único propósito: facer moito ruido. O son recorda aos grupos de rock intenso dos 90, cunha mestura de influencias que van desde o grunge ao stoner pasando polo hardcore e o punk. E se isto non fora pouco, súmanse dúas voces moi distintas.

Pouco antes do verán de 2014 o grupo comeza a andar co nome de Bala. Desde o principio, este dúo tivo unha moi boa acollida facendo uns 20 concertos en apenas 3 meses e gravando o seu primeiro disco a finais de novembro nos Estudios Montealto (A Coruña). En febreiro de 2015 lanzan o seu primeiro disco “Human Flesh” tendo unha boa acollida e esgotándose en 5 meses. O seu segundo e último, por agora, foi gravado nos Estudios Ultramarinos Costa brava.

A pesar de contar con tan só 3 anos de vida, Bala pode presumir de tocar en Festivais tan importantes como o Nordestazo, Atlantic Fest, Marisquiño ou o Aloud Music Fest. E agora, veñen a presentar o seu traballo ao Armadiña Rock logo de facer unha xira por Xapón e Australia.

Na programación

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close