speaker-info

BLUES DO PAIS

Transformar temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas. Isto é o que levan xa un tempo a facer por escenarios de todo o país o dúo Blues do país, formado por Pepe King e Bieitta James.

Eles amosan que é posible facer blues no idioma do país. Extraer o soul dos cultivos de millo, como se fixo en tempos pasados nos campos de algodón no outro lado do charco.

“A idea xurdiu polo paralelismo que atopamos entre Galicia e a súa idiosincrasía, a súa morriña e retranqueo, co feelin’ blue de Mississippi e Lousiana”, explica Iseo Agilda, que se embarcou co seu compañeiro de Sacha na Horta na aventura de “darlle un golpe de retranca a eses acordes bluseiros”

Non amoles, se chachi de Blues do país

Na programación

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close