speaker-info

BRINKADELIA TROUPE

Desde Combarro e para toda a galaxia: Unha nova explosión de son e enerxía positiva, unha reacción en cadea que ameaza con sacudir a mecánica dos vosos corpos cun forte BOOM! De ritmo triturador e boas vibración. Un sen fin de variables musicais en cada concerto: ska, reggae, cumbia, funk, rock, balkan, cachapán, et.

Brinkadelia está presentado por Antón “Brinkas” pertencente a unha estirpe de músicos das terras bravas da Limia. Despois dunha traxectoria de vinte anos facendo boa música, toca recoller esas experiencias e transmitilas neste novo formato que recopila os ritmos e sonoridades que foron marcando o seu percorrido musical.

O señor Brinkas está acompañado por un nutrido grupo de artistas: Gus Agasi na bateria, no baixo Pepe Noya, Aitor García no teclado e no keytar e Jose Hermo como guitarrista. A sección de vento está comandada por Ginés Guerra no tombón, Gilbert Eiche no saxo e por último Iago Sayáns na trompeta.

A combinación destes artistas e coas gañas de troula existentes en Combarro farán que os nosos corpos se trituren a ritmo de “brinkos”.

Na programación

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close