speaker-info

CARLA GREEN & THE DEMONS

Carla Green & The Demons fórmase en Santiago de Compostela no verán do 2016 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun repertorio baseado en clásicos de artistas como Etta James, Otis Redding, Wilson Pickett… En definitiva, a época dourada de selos como Chess, Stax ou Atlantic Records.
A pesar de ser unha banda de recente formación, está composta por músicos cunha dilatada traxectoria musical dentro de estilos como o blues, o swing ou o jazz. Á fronte da guitarra atópase David Tato (Bakin’ Blues Band); ao baixo, Fran Sanz (Bakin’ Blues Band); ao saxo tenor
e barítono, Martiño Mato (Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira); ao trombón, José Luis Miranda (Garufa Blue Devils Big Band); á batería, Lar Legido (Sumrrá); por último, á voz, Carla Green.
Por outro lado, cabe destacar a participación de David Tato, Martiño Mato e Carla Green no prestixioso ciclo Outono Códax Festival —con referentes da música negra internacional— como membros da banda de Barbara Lynn, así como a participación de Carla Green como corista de La La Brooks (The Crystals) e como artista convidado para introducir a Irma Thomas, a raíña do soul de New Orleans.

Na programación

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close