speaker-info

DAKIDARRIA

Desde o Val Miñor chega a Combarro un dos grupos de moda do panorama musical estatal. Dakidarria é unha banda formada por oito músicos que fusionan ska, reggae e punk-rock, que apostan pola enerxía, a festa e o compromiso social sen deixar a ninguén indiferente.

Nos seus catorce anos de vida editaron un total de cinco discos, sendo o último “De cuncas e de mar”. Durante este tempo presentaron o seu proxecto por toda a xeografía peninsular e parte de Europa. O seu éxito reside no seu traballo constante e o seu directo impactante.

Dakidarria ven a Combarro a presentar o seu novo traballo de estudio chamado “Lume” polo que conseguirá que saia lume dos nosos pes.

Na programación

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close