speaker-info

DEF CON DOS

DEF CON DOS formouse no nadal de 1987 por iniciativa de Julián Hernández de Siniestro Total, moi interesado por aquel intre polo innovador son hip hop. Para aquel proxecto, que inicialmente non tiña intencións de continuidade, fichou a Peón Kurtz e César Strawberry.

As súas letras caracterízanse,por unha parte, polas múltiples referencias culturais que fan (ao cine, ao cómic, a outras bandas de música, filósofos destacados ou momentos históricos) e por outra, polo emprego de xogos metafóricos cheos de mordacidade e ironía, que se prestan a unha interpretación superficial, e outra máis profunda. En moitas das súas cancións, mostran unha especial sensibilidade polo problema do maltrato ás mulleres e á infancia, a inxustiza social que xera o culto ao consumo e a ameaza que supón para o libre pensamento o excesivo control da cidadanía por parte do aparato do Estado

Na programación

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close