Dubioza Kolektiv

Dubioza Kolektiv

Esta banda é pura mestura que fara mover o corpo de todo aquel que veña o Armadiña Rock. A súa música respira a música folclórica dos Balcáns combinada con hip hop, reggea, dub e rock. O seu son innovador mesturase cunha letras de compromiso político que falan da de paz, tolerancia e loita contra a extrema dereita.

Os seus directos son coñecidos pola maneira na que son quen de interactúar co público, ademais de polas súas particulares coreografías e a súa indumentaria, case sempre combinando o amarelo e o negro.

Os balcánicos estiveron en festivais tan importantes coma como o de Glastonbury ou o South by Southwest de Texas.

Colaboraron ademais con xente como La Pegatina ou Manu Chao, cos que teñen en común unha visión comprometida do mundo e a capacidade de armar unha boa verbena.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close