speaker-info

LEO I ARREMECAGHONA!!!!

É proxecto musical de Leonardo Fernández Campo cantautor punk, filólogo e poeta de Matamá (Vigo). O Leo comezou no 1997 onde acompañou ao catalán Albert Plá na súa xira por Galiza. Neste tempo o vigués editou dous discos Ostia (2015) e Suspiros da Kaña (2008).

O seu estilo acaricia a performance ao caracterizarse de diferentes personaxes da familia arremecághona. As súas letras retranqueiras falan do mar, do amor rural, do socialismo e até dos costumes do ornitorrinco. E no seu repertorio adapta temas clásicos do punk de bandas coma: The Clash, The Ramones ou Dead Kennedys.

Cabe destacar tamén participou en proxecto tan importantes coma Das Kapital no eixo da electrónica e Os Labregos do Tempos dos Sputniks.

O Leo i Arremecághona volve por terceira vez ao Armadiña Rock, a súa presencia sempre é das máis agardadas. Cada concerto é distinto, nunca poderás dicir que viches todo de O Leo, el sempre sorprende.

Na programación

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close