speaker-info

SKARNIVALS

The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2009 baixo o nome de Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos.
En decembro de 2010 a banda presenta Skakeo. Un Ep formado por 5 temas entre os que se atopa “Historias do mar”. Ademais, ese mesmo ano, esta maqueta condúcelles a formar parte do recopilatorio internacional Echte Übersee Records editado en Alemaña entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbia do momento.
En outubro de 2012 a banda lanza o seu primeiro LP. Torsión Mundial. Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península.
En 2016, a banda volve aos escenarios coas pilas cargadas presentando “Movimiento Irracional”. Un novo traballo que serve como consolidación do proxecto e das novas incorporacións nas filas da banda.
Unha chamada á tolemia tanto no temático como no musical. Unha filosofía de loita e de alegría en contra da incansable sobredosis de cordura que nos pretenden implantar

Na programación

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close