Xosé Constenla

Xosé Constenla

Xosé Constenla é un cantautor galego que naceu en Santiago. A súa infancia transcorreu polos territorios da capital galega, Coruña e Combarro, vila coa que segue mantendo un vínculo fondo.

Xosé Constenla é un cantautor galego que naceu en Santiago. A súa infancia transcorreu polos territorios da capital galega, Coruña e Combarro, vila coa que segue mantendo un vínculo fondo.
Introduciuse no eido da música alá polos anos 90 da man de Silvio Rodríguez e Luis Eduardo Aute. As primeiras cancións da adolescencia, época na que comezou a dar concertos, deron paso a novas influencias e concertos na Compostela universitaria. Participou das protestas ‘Non á LOU’, ‘Nunca Máis’ ou ‘Non á Guerra’; así, seu primeiro disco, Quen fixo berrar o silencio (2004), estivo moi marcado polo loita social. A partir dese primeiro traballo, a súa proxección amplíase ao ámbito estatal e publica os traballos Olladas dun entusiasta (2008), Sinecismo (2013) ou Virada por avante (2016). No seu estilo converxen o jazz, o country, o blues, o soul ou o folk-rock americano.
Alén de todo isto, Xosé Constenla cultiva un compromiso coa palabra, coas historias cotiás, co patrimonio e coa antropoloxía de noso. Por todo iso, ademais de ofrecernos a súa música, será o pregoeiro oficial do Armadiña Rock 2019.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close