Boas Prácticas Festivaleiras

1. Mantén a praza limpa: tan importante como recoller e non ensuciar, sé consciente do refugallo e deposítao nos lugares apropiados para eles, así a imaxe de Combarro non se verá deteriorada durante as festas.

2. Reduce, Reutiliza e Recicla. Nesa orde, un pequeno xesto benefícianos a todos.

3. Reutiliza os ecovasos que atoparás nas barras do Armadiña durante os concertos.

4. Pola túa seguridade e a de todos, non está permitido facer botellón.

5. Se atopas ou perdes algo achégate aos stands que o Armadiña terá na praza de Chousa.

6. Respecta o descanso da nosa veciñanza.

7. O voluntariado da nosa asociación non é profesional, teno en conta cando pidas unha consumición, de vagar todos gozaremos máis.

8. Utiliza os WC’s da organización das Festas do Mar. Evitemos que os recunchos da nosa vila estean intransitables. Aproveita as colas dos servizos para facer amigos.

9. Nos días de Festa os aparcadoiros de Combarro están ateigados. Moitas veces é mellor deixar o coche un pouco afastado, evitarás aglomeracións e mal rollo. Ademais un paseo por Combarro e arredores sempre é moi apetecible. Se bebes, non conduzas; é un delito legal, moral e mortal.

10. Non participes nin permitas discriminacións nin agresións por razóns de orixe, manifestacións culturais e relixiosas, gustos e preferencias sexuais.

11. Nada xustifica unha agresión. Non é non

12. Desfruta do Festival.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close