III edición do Concurso de Balcóns, Patíns e Solainas

1 CONVOCATORIA

A ACDeM. ARMADIÑA, ORGANIZA O III CONCURSO DE BALCÓNS, PATÍNS E SOLAINAS DO RECINTO HISTÓRICO DE COMBARRO COMO UNHA DAS ACTIVIDADES ENCADRADAS DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL ARMADIÑA ROCK ESTRELLA GALICIA ENTRE O 23 E 26 DE AGOSTO DE 2018.

 

2 OBXECTO DO CONCURSO

MEDIANTE ESTE CONCURSO PRETÉNDESE POÑER EN VALOR OS BENEFICIIOS SOCIO AMBIENTAIS DA RECUPERACIÓN DOS BALCÓNS, PATÍNS E SOLAINAS COMO ELEMENTOS VIVOS DO RECINTO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE COMBARRO, NO MARCO DA TRADICIÓN E CULTURA DE GALICIA, IMPLICANDO Á VECIÑANZA NO SEU COIDADO E ORNAMENTACIÓN MEDIANTE A UTILIZACION DE PRANTAS AUTÓCTONAS PREFERIBLEMENTE E/OU ELEMENTOS RELACIONADOS CUA CULTURA MARIÑEIRA E AGRÍCOLA DA NOSA TERRA.

3 PARTICIPANTES

PODERÁN PARTICIPAR NO CONCURSO TODA A VECIÑANZA DE INMOBLES CON BALCÓN, PATÍN OU SOLAINA QUE REÚNAN AS CONDICIÓNS NECESARIAS PARA SER DECORADOS SEN POÑER EN PERIGO A INTEGRIDADE DO MESMO NIN DOS VIANDANTES, E SE ATOPEN DENTRO DO RECINTO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE COMBARRO.

QUEDAN EXCEPTUADOS DO PRESENTE CONCURSO OS BALCÓNS, PATÍNS E SOLAINAS DE EDIFICIOS PÚBLICOS OU OFICIAIS.

4 INSCRICIÓNS

AS INSCRICIÓNS DEBERÁN REALIZARSE CUBRINDO OS DATOS REQUERIDOS Ó FINAL DESTE DOCUMENTO E DEPOSITÁNDOO NO BUZÓN DE CORREOS DO LOCAL SOCIAL DA ACDeM. ARMADIÑA SITUADO NA AVENIDA FRANCISCO REGALADO, 11 BAIXO EN COMBARRO.

DATA LÍMITE INSCRICION O 20 DE AGOSTO

5 DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

OS BALCÓNS, PATÍNS E SOLAINAS DOS INMOBLES PARTICIPANTES DEBERÁN ESTAR ORNAMENTADOS O DÍA 23 E MANTERANSE ATÉ O 26 DE AGOSTO DE 2018.

ELEMENTOS PERMITIDOS PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO:

  • PRANTAS PREFERIBLEMENTE AUTÓCTONAS: CAMELIA, ROSAL….
  • ELEMENTOS RELACIONADOS CO MAR E A CULTURA MARIÑEIRA E AGRÍCOLA DA NOSA TERRA: REDES, NASAS, MILLO, CESTOS ARTESANAIS….

DEBERÁN ESTAR PERFECTAMENTE ANCLADOS Á ESTRUCTURA DO BALCÓN, PATÍN OU SOLAINA CALQUERA ELEMENTO COLGADO OU COLOCADO QUE PUIDESE PRECIPITARSE  POLO EFECTO DO VENTO, SEN QUE A SÚA UBICACIÓN POÑA EN PERIGO A SEGURIDADE DOS VIANDANTES; FACÉNDOSE RESPONSABLE A PERSOA INSCRITA/PARTICIPANTE NO CONCURSO DE CALQUERA ACCIDENTE ORIXINADO POLA CAÍDA DALGÚN ELEMENTO OU PARTE DE ÉSTA Á VÍA PÚBLICA. DEBERASE RESPETAR OS VIAIS, ACERAS E ENTRADAS A VIVENDAS DOUTROS VECIÑOS/AS.

6 XURADO

OS MEMBROS DO XURADO DARANSE A COÑECER NO MOMENTO DO FALLO DO CONCURSO, ESTANDO COMPOSTO AL MENOS DE:

  • UN/UNHA REPRESENTANTE DA ACDeM. ARMADIÑA
  • UN/UNHA REPRESENTANTE DO CONCELLO DE POIO
  • UN/UNHA EXPERTO/A EN XARDINERÍA OU EMBELECEMENTO URBANO.

OS COMPOÑENTES DO XURADO NON PODERÁN PARTICIPAR NO CONCURSO. O FALLO DO XURADO SERÁ INAPELABLE, PODENDO DECLARAR DESERTO OS PREMIOS POR FALTA DE CALIDADE SUFICIENTE OU INFRINXIR OS CRITERIOS ESTABLECIDOS NAS PRESENTES BASES.

O XURADO TEN A POTESTADE DE RESOLVER CALQUERA EVENTUALIDADE NON FIXADA PREVIAMENTE NESTAS BASES, RESOLVENDO AO SEU ARBITRIO CALQUERA DÚBIDA QUE PUIDESE XURDIR.

7 CRITERIOS DE VALORACIÓN

O XURADO BASARÁ O CRITERIO DA SÚA PUNTUACIÓN SEGUNDO:

  • A ORIXINALIDADE E CREATIVIDADE DA COMPOSICIÓN
  • – CALIDADE ORNAMENTAL
  • ARMONÍA DO CONXUNTO, DESEÑO.
  • LABORIOSIDADE
  • ADAPTACIÓN AO ENTORNO
  • USO DE ELEMENTOS AUTÓCTONOS

8 PREMIOS

OS PREMIOS CORRESPONDENTES A ESTE III CONCURSO DE BALCÓNS, PATÍNS E SOLAINAS SERÁN OS SEGUINTES:

  • PRIMEIRO PREMIO: 150 € E DIPLOMA ACREDITATIVO
  • SEGUNDO PREMIO: 80 € E DIPLOMA ACREDITATIVO

OS PREMIOS ENTREGARANSE NA PRAZA DA RUALEIRA O DÍA 26 DE AGOSTO ÁS 13:15 H. DE ACORDO COA PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL ARMADIÑA ROCK ESTRELLA GALICIA.

9 COMPROMISO

A PARTICIPACIÓN NESTE CONCURSO IMPLICA A TOTAL ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES COMO TAMÉN O FALLO DO XURADO. ASÍ MESMO AUTORÍZASE Á ORGANIZACIÓN A REALIZAR CANTAS FOTOGRAFÍAS SE CONSIDEREN OPORTUNAS, RESERVÁNDOSE TODOS OS DEREITOS, PODENDO SER UTILIZADAS PARA A SÚA PUBLICACIÓN EN CALQUERA MEDIO, SEMPRE QUE SE REALICEN DENDE ESPAZOS COMÙNS E PÚBLICOS.

DATOS PARA A INSCRICIÓN

NOME: ______________________

APELIDOS: ___________________

DNI:________________________

TFNO:______________________

DIRECCIÓN DO INMOBLE PARTICIPANTE:

___________________________

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close