Triángulo de Amor Bizarro … no #AR19
O Festival Armadiña Rock Estrella Galicia segue sumando bandas ao cartaz da súa XI edición, que terá lugar en Combarro os días 23, 24 e 25 de agosto.
A ACDeM Armadiña publicou esta semana nas súas redes sociais as bandas que seguen enchendo o cartaz do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia deste ano. A organización aposta por unha ampla mestura de xéneros: rock, ska, punk, soul, reggae,… achegando así as diferentes formas da cultura musical á vila de Combarro e a súa contorna.
Súmase ao cartaz Triángulo de Amor Bizarro, unha das grandes apostas desta edición. Os de Boiro son unha das bandas máis prestixiosas do rock alternativo (indie-rock, noise-rock, punk-rock,..) do Estado. O seu estilo persoal con ritmos frenéticos, enchen os festivais máis importantes da Península. Tras 15 anos sobre os escenarios, TAB é un dos grupos máis sólidos da escena galega, é unha aposta segura para o Armadiña Rock 2019.
High Paw & Elephants Yard serán as encargadas de poñerlle o punto reggae ao festival. High Paw é unha das artistas galegas máis prometedoras, a cal se xuntará coa experiencia dos Elephants Yards. Veñen á Praza da Chousa para facernos gozar coa voz desta “singjay” viguesa, que tamén aportará un punto soul ao festival.
Mesturando o ska, rock e folclore da Europa do este, chegarán a Combarro desde Toledo os Balkan Bomba, banda que cambiou os campos de fútbol por os escenarios, espallando festa por donde pasan.
O Armadiña Rock Estrella Galicia 2019 celebrarase en Combarro do 23 ao 25 de agosto. Está organizado pola ACDeM Armadiña, e conta co apoio do Concello de Poio e da Deputación de Pontevedra.
Combarro, a 29 de xuño de 2019.
- admin
- 0 Comments
- Novas
Enviar comentario * Enderezo de e-mail non publicado. Os campos obrigatorios estan marcados con *