Dubioza Kolektiv no #AR19
A organización do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia desvela o cabeza de cartaz desta edición.
Unha das bandas europeas máis importantes, Dubioza Kolektiv vai ser o cabeza de cartaz do XI Armadiña Rock Estrella Galicia. O Festival completa un cartaz de moito nível onde destacan o propio Dubioza Kolectiv, Heredeiros da Crus e Triángulo de Amor Bizarro. Ademais, e como ven sendo habitual, na fin de semana do 23 ao 25 de agosto, a música vai soar en cada recuncho de Combarro.
A música dos Dubioza Kolektiv, o folclore dos Balcáns combinándose con hip hop, reggea, dub e rock. O seu son innovador mestúrase cunhas letras de compromiso político que falan da paz, tolerancia e loita contra a extrema dereita.
A banda dos balcáns ten milleiros de seguidores por todo o mundo e é un habitual nos mellores festivais europeos. A Chousa agarda para que Combarro brinque ao ritmo da súa música.
Este festival está organizado pola ACDeM Armadiña co apoio do Concello de Poio e a Deputación de Pontevedra.
Combarro, a 3 de agosto de 2019
- admin
- 0 Comments
- Novas
Enviar comentario * Enderezo de e-mail non publicado. Os campos obrigatorios estan marcados con *