FAQ As preguntas máis repitadas nos últimos días sobre o Armadiña Rock'16

Nesta sección intentaremos resolver ás preguntas máis repetidas que levamos recibindo estos días a través do correo-e e das redes sociais.

1.- Canto custa o festival?
Pois é de balde, non é necesario que compres a túa entrada, só basta con achegarte até Combarro do 26 ao 28 de agosto e poderás gozar dunha ampla programación.

2.- Canto custa a acampada?Ten duchas e aseos? Onde está situada?
A acampada é gratuita. Está situada no lugar da Reiboa, a 2 Km do lugar do Festival, contaredes con servizos de duchas e aseos (15 duchas para homes e outras 15 para mulleres). Non era posíbel ter un lugar máis cercano a Combarro onde puiderades ter esos servizos.

3.- Que significa o rexistro a través da web?
O Armadiña Rock é un festival gratuito, non tiñamos ningunha modo de saber con antelación canta xente ía acceder a este servizo. Queremos darvos as grazas as 250 persoas que vos rexistratedes até agora, permitiunos estimar a xente que ides estar esta fin de semana acampada e anticiparnos para abrir 30 duchas para que esteades o máis comodo posíble. Repetimos que rexistrarse non implica ter un sitio reservado.

5.- Hai sitio suficiente para todos?
Pensamos que si, na ubicación collen máis de mil cincocentas tendas e até agora só hai trescentas rexistradas.

6.- Hai sitio para autocaravanas ou furgonetas?
Xusto a caron da zona de acampada vai haber un espazo indicado para todos os que veñades en furgonenta ou autocaravana.

7.- Os horario do festival?

Podes atopar todas as actividades da Armadiña no festival en http://festival.armadinha.gal/horarios/

8.- Vai haber espazo para postos de comida ou artesanía?

A Asociación Armadiña non ten permiso para ubicar un mercado no lugar do evento. Sentímolo, mais se nos foi denegado.

 

 

 

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close