Ukestra do Medio

Ukestra do Medio

A Ukestra do Medio é unha orquestra de ukeleles que nace en Compostela no 2013. Despois dun ano de arduos ensaios conseguen montar un repertorio do mais ecléctico que presentan por bares, salas, centros sociais e festivais de todo o país acadando grande aceptación por parte do público.

Nos concertos levan ao seu terreno pezas dos mais diversos estilos: de clásicos do rock’n’roll, country, swing ou pop a músicas tradicionais galegas ou portuguesas, tangos, bossanovas ou até son jarocho mexicano.

Despois de diversas mudanzas, a formación estabilizase com Sara, Kátia, Yolanda, Fon, César e Alberte. No ano 2017 entran no estudio a colaborar no single “Assalto Acústico” de Os Novos (Lixo Urbano) e posteriormente voltan para gravar 4 temas que publican nun CD titulado “em princípio…”.

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close