Armadiña Rock 2020
A pandemia obrigóunos a redefinir o festival, non puidemos facelo como de costume, mais somos xente inqueda e non podiamos deixar pasar un verán sen facer nada. As rúas da nosa vila non puideron encherse de xente mais creamos contidos que poderanse gozar en calquera momento.
SÉS – Tempestades de Sal
Sentada nun dos patíns mellor coidados e bonitos na praciña da Rúacega. Sés interpretou “Tempestades de Sal” acompañada de Tito José Calviño a guitarra. A nos púxonos os cabelos de punto, e a ti ?
SÉS – Milonga de aquí
Sés pasou unha tarde con nos mais soubonos a pouco, quereriamos ter a Sés de veciña todo o ano. Sés interpreta unha versión acústica de “Milonga de aquí” na que está acompaña tamén de Calviño á guitarra. A actuación diponse na praia do Padrón co casco histórico de Combarro ao fondo.
Presentación de “O último festi”
Por moitas novidades tecnolóxicas que existan, non se vai substituir nunca a poder vivir un festival en directo. Que facemos se non podemos gozar do Armadiña Rock 2020 en directo? Pois inventámonos unha historia e a distribuímos por medio dunha banda deseñda. Para iso contamos cos debuxos de Pablo Prado e de contar a historia xa engarga Fernando LLor.
No seguinte vídeo contámosvos un pouco de que vai “O Último Festi”:
Avance do Último Festival
Podes descargarte un avance da banda deseña aquí: https://drive.google.com/file/d/14sLmvWKbmQuDRq_ae7S9f8B_uirbEPE-/view?usp=sharing
Neste outuno saíra a luz a obra completa que conta con Pablo Prado coma ilustrador e a Fernando LLor como guionista.
A Tribo Radio.
Para rematar, Bocixa tróuxonos A Tribo Radio e parolamos un chisco sobre o Armadiña Rock, mais tamén sobre as actividades que a Armadiña organiza o longo do ano. No podcast Bocixa entrevista a membros da Armadiña, veciñanza, a artista High Paw e tamén a compañeiros de colectivos amigos participaron. Pódelo escoitar en https://atribo.gal:
Tamén podes ollar un anaco da entrevista en:
É até aquí o Armadiña Rock 2020.
- admin
- 0 Comments
- Novas
Enviar comentario * Enderezo de e-mail non publicado. Os campos obrigatorios estan marcados con *