High Paw & Elephants Yard

High Paw & Elephants Yard

High Paw a artista viguesa comezou a súa andaina musical con 15 anos como letrista e cantante de grupos de distintos estilos musicais. Para esta singjay galega, a mensaxe nas súas cancións é algo fundamental. Ademais participou como corista en actuacións de varios cantantes, como no concerto do xamaicano Winston Francis cos Transilvanians no festival Minho Reggae Splash.

Cando empeza a traballar co selector de Vigo, Nanno Selektah, mergúllase totalmente na música xamaicana, escribindo os seus primeiros temas Reggae en solitario e participando en eventos por toda a Galiza tales como Dance Hall Xplosion Moaña, Sound System Nights, Ska All Night, etc..

Despois dunha minixira por México, estará no Armadiña Rock xunto con Elephands Yard, banda coa que está a presentar o seu último traballo “My Temples” nos escenarios dos mellores festivais do Estado.

 

Pra continuar usando este sitio web, tes que estar de acordo co uso de cookies. more information

As propiedades das cookies nesta páxina está postas como "permitido cookies" para dar a mellor navegación posible. Se ti continuas usando o sitio web sen cambiar as propiedades das cookies or premendo "Aceptar", indicará que estás de acordo con iso

Close